Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 7 de maio de 2018 Páx. 23551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 23 de abril de 2018 pola que se notifica a resolución sobre o recurso de alzada interposto contra a resolución ditada no procedemento administrativo sancionador con número de referencia 12-48-17-181.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Beatriz Eiroa Patiño, con DNI 32762193G, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos, que a resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia no 3 de abril de 2018 acordou desestimar o recurso de alzada interposto contra a Resolución da Dirección de Portos de Galicia do 16 de febreiro de 2018 ditada no procedemento administrativo sancionador con número de referencia 12-48-17-181.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A citada resolución, que esgota a vía administrativa, é firme e executiva, e contra ela poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ante, á escolla da interesada, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquela o seu domicilio ou o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

O expediente completo para o seu exame e consulta atópase na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia situados no polígono das Fontiñas, praza de Europa 5A-6º, Santiago de Compostela.

O importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o pagamento no devandito prazo, procederase á súa exacción pola vía executiva.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 12-48-17-181

8434-JVG

Gardapeiraos

Beatriz Eiroa Patiño

Rúa Juan Sebastián El Cano, nº 2-5º A

15002 A Coruña

Estacionamento prohibido.

19.10.2017; 9.30 horas; Ribeira (A Coruña)

Art. 306.1.a) do RDLex. 2/2011 TRLPEMM

Arts. 17 e 64 da OM do 12.6.1976

Art. 312 do RDLex. 2/2011 TRLPEMM

90 €