Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 7 de maio de 2018 Páx. 23511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de abril de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do procedemento de responsabilidade patrimonial no expediente URP 003/2018, devolta polo servizo de Correos.

O 12 de marzo de 2018, o conselleiro de Sanidade ditou resolución relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial por asistencia sanitaria que formulou Jorge Alberti Assad, administrador da Frutería Alberti e Hijos, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a devandita resolución, que foi devolta polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Así mesmo, e segundo o artigo 46 da devandita Lei 39/2015, do 1 de outubro, a publicación da resolución pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, polo que esta cédula se limitará á publicación, como anexo, dunha simple indicación do contido do acto e do lugar onde o interesado poderá comparecer en prazo para o coñecemento do contido íntegro do dito acto e a constancia de tal coñecemento.

Lémbrase que a citada resolución pon fin á vía administrativa de acordo co disposto no artigo 114 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Contra ela poderá interpor recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece o artigo 14.1, na súa regra segunda, da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O prazo será de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida lei xurisdicional.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2018

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº de expediente: URP 003/2018.

Reclamante: José Alberti Assad, administrador da Frutería Alberti e Hijos, S.L.

Último enderezo coñecido: avenida dos Mallos, 11, baixo, 15007 A Coruña.

Contido da notificación: Resolución do conselleiro de Sanidade, do 12 de marzo de 2018, relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial por expediente de saúde pública.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade. Edificio Administrativo San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: dez (10) días.