Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx. 23095

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade á aprobación de unidades de admisión e a súa inclusión no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

A publicación do Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, incorpora á nosa lexislación nacional a Directiva 1999/105/CE do Consello, do 22 de decembro de 1999, sobre a comercialización dos materiais forestais de reprodución, que refunde e actualiza toda a normativa anterior para o efecto.

No punto 1 do artigo 3 do Real decreto 289/2003, antes mencionado, establécese que para a produción de materiais forestais de reprodución destinados á comercialización utilizaranse unicamente materiais de base autorizados.

O punto 2 do mesmo artigo di que os materiais de base só poderán obter a condición de autorizados se garanten as exixencias establecidas nos anexos II, III, IV ou V, segundo se trate da produción de materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados ou controlados, respectivamente, e se están referidos a unha unidade denominada unidade de admisión, que estará identificada mediante unha única referencia no correspondente rexistro.

Así mesmo, o punto 3 do mesmo artigo, indica que a autorización dos materiais de base para a produción dos materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados e controlados, efectuaraa o órgano competente da respectiva comunidade autónoma, que en Galicia é a Consellería do Medio Rural, quen comunicará os ditos materiais de base á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural, para o seu traslado á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

O artigo 3 do Decreto 135/2004, do 17 de xuño, polo que se crea o Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución, recolle que se deberá solicitar autorización dos materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución para a súa comercialización con destino á silvicultura, á Dirección Xeral de Ordenación Forestal, como órgano competente da Administración da comunidade autónoma nesta materia, quen resolverá de acordo co artigo 4 do mencionado decreto.

Segundo o artigo 1.3 do Decreto 135/2004, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal procederá á inscrición do material de base autorizado no Rexistro Galego de Materiais de Base.

En consecuencia, realizada a comprobación do cumprimento dos requisitos mínimos para a autorización dos materiais de base destinados á produción de materiais de reprodución da categoría cualificada, conforme o disposto no anexo IV.3 do Real decreto 289/2003 e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa aplicable, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal mediante a Resolución do 12 de abril de 2018 procedeu á autorización de tres unidades de admisión da categoría «material cualificado» de Prunus avium L. no territorio da Comunidade de Galicia, que aparecen relacionadas no anexo desta orde, así como á súa inscrición no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2018

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Especie: Prunus avium L.

Nº rex.

Código galego

Código estatal

Nome clon

Solicitante

Autorización do material de base

CAT. MFR

Tipo MB

204

ES/-/pav/3/-/5/1/2

CL-Q-95/Lourizán-3

Lourizán-3

Centro de Investigación Forestal de Lourizán

Subdirección Xeral de Innovación e Experimentación Agroforestal

Cualificado

Clon

205

ES/-/pav/3/-/5/1/2

CL-Q-95/Lourizán-4

Lourizán-4

Centro de Investigación Forestal de Lourizán

Subdirección Xeral de Innovación e Experimentación Agroforestal

Cualificado

Clon

206

ES/-/pav/3/-/5/1/2

CL-Q-95/Lourizán-5

Lourizán-5

Centro de Investigación Forestal de Lourizán

Subdirección Xeral de Innovación e Experimentación Agroforestal

Cualificado

Clon

CAT: categoría.

MFR: material forestal de reprodución.

MB: material de base.