De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións non se puidesen efectuar, faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido á interesada que se sinala no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, a interesada é informada de que o expediente está á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, na Coruña. Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 23 de abril de 2018
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: SAI IN 2018/40 (código instalación AC15001417).
Interesada: Firmagas, S.L.
NIF: B70407663.
Acto de notificación: requirimento de documentación.
Concello: A Coruña.