Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx. 23100

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 17 de abril de 2018 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 222 (recinto 5) do polígono 109 do termo municipal de Baralla.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 17 de abril de 2018, o cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 222 (recinto 5) do polígono 109 do termo municipal de Baralla (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 26 de marzo de 2018. O anuncio foi publicado no DOG núm. 73, do 16 de abril.

Lugo, 18 de abril de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo