Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx. 23101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica a resolución dun recurso de alzada a unha afectada polo proceso de concentración parcelaria da zona de Val de Alfoz (Alfoz).

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a interesada poderá comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2018

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesado

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

Ana María Vázquez Maseda

Resolución

Val de Alfoz (Alfoz-Lugo)