Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx. 23020

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a declaración de deserta da licitación da contratación das obras de mellora da eficiencia enerxética do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe EP4, prioridade 4c.

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

c) Número do expediente: 2018-OBRSE 05-PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=283420

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición: obras de mellora da eficiencia enerxética no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 745000000-7 e outros máis. Véxase a cláusula 2.1.6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 8 de marzo de 2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 309.028,31 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 280.934,83 euros.

Importe total: 339.931,14 euros.

6. Data de resolución da declaración de deserto: 17 de abril de 2018, por non terse recibido ningunha proposición.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza