Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 3 de maio de 2018 Páx. 23022

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato tramitado polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada, das obras de restauración e mellora da envolvente térmica dos edificios do Complexo Administrativo San Caetano.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2018-OBRSE 01-MP.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=219204

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición: obras de restauración e mellora da envolvente térmica dos edificios do Complexo Administrativo San Caetano.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 45000000. Traballos de construción e quince máis.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación dos anuncios de licitación: 10.11.2017; 16.11.2017; 24.11.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 6.695.907,02 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 6.087.188,20 €.

Importe total: 7.365.497,72 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 19 de marzo de 2018.

b) Data da formalización do contrato: 16 de abril de 2018.

c) Contratista: Constructora San José, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 5.136.369,40 €.

Importe total: 6.215.006,97 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza