Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 2 de maio de 2018 Páx. 22870

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 153/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 153/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Cores Fresco contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Acordo:

– Admitir a demanda presentada.

– Citar as partes para que comparezan o día 12.7.2018, ás 9.55 horas, na Secretaría deste xulgado ao acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, en caso de non avinza, o 12.7.2018, ás 10.00 horas, na planta baixa, sala de vistas, edificio dos xulgados ao acto de xuízo.

– Advírtase ás partes que en caso de non compareceren nin alegaren causa xusta que motive a suspensión dos actos de conciliación ou xuízo, o demandante non comparecido será tido por desistido da súa demanda. A non comparecencia do demandado non impedirá a celebración dos actos de conciliación e xuízo, e continuará o procedemento, sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto ás peticións solicitadas, así como á medida preventiva solicitada para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso a dar conta á súa señoría.

Ademais, tense por presentada a documentación que acompaña a demanda, únase aos autos da súa razón, sen prexuízo de que deba propoñela a parte no acto de xuízo como medio de proba de que intentará valerse.

Tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Fórmese peza de medida preventiva co número 153/2018/1.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e é carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza