Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 2 de maio de 2018 Páx. 22890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da infraestrutura gasística denominado proxecto de autorización administrativa e autorización de execución de instalacións para planta de regasificación de gas natural licuado (GNL) e ampliación de rede en MOP 0,4 bar para subministración a Ribadavia (Ourense), promovido por Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2017/32-0).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Nedgia Galicia, S.A., con CIF nº A15383284, e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: o obxecto da petición é a autorización para executar a infraestrutura gasística correspondente á rede de distribución, planta satélite de almacenamento e regasificación de gas natural licuado (GNL) para a subministración de gas natural ao termo municipal de Ribadavia (Ourense).

Descrición das instalacións:

As instalacións que se realizan son:

• Planta satélite de almacenamento e regasificación de GNL: tanque de almacenamento de GNL horizontal de 60 m3, unidade para descarga de cisternas, módulos de regasificación, regulación, medida, odorización e sistemas auxiliares; con presión de saída a 0,4 bar.

• Capacidade de regasificación: 628,00 Nm3/h.

• Superficie ocupación módulo regasificación: 2.069 m2.

• Situación: referencia catastral 32070A013003660000YL, en lugar de San Cristovo, polígono 13, parcela 366, Anguieiro, 322431 Ribadavia.

• Rede de distribución de gas natural desde a planta satélite ata as zonas e puntos de consumo dentro do núcleo de Ribadavia, cunha lonxitude de 29.812 m en tubaxe de polietileno de alta densidade e cunha presión máxima de operación de 0,4 bar.

Concello: as solicitudes afectan ao termo municipal de Ribadavia, na provincia de Ourense.

Orzamento: un millón trescentos cincuenta mil setecentos corenta e un euros con vinte e seis céntimos (1.350.741,26 €).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examinar o correspondente proxecto na Dirección Xeral de Enerxía e Minas, Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, así como na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Economía, Emprego e Industria, rúa M. Curros Enríquez, 1, 32003 Ourense.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas