Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 2 de maio de 2018 Páx. 22887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 16 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se someten a información pública varias solicitudes de inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de exemplares e formacións no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:

Rexistro de entrada: 3401/RX377680.

Data: 13.2.2018.

Solicitante: Enrique Manuel Couso Rielo.

Especie: Quercus robur L.

Localidade: Val do Carrio.

Concello: Lalín.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 143/RX570948.

Data: 5.3.2018.

Solicitante: José Antonio Quiroga Díaz (en representación da Fundación Xosé Soto de Fión).

Especie: Quercus robur L.

Localidade: Arxeriz.

Concello: O Saviñao.

Provincia: Lugo.

Rexistro de entrada: 49832/RX862000.

Data: 2.4.2018.

Solicitante: José Manuel Lobato Martínez (en representación da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio).

Especie: Quercus suber L.

Localidade: A Granxa.

Concello: Boqueixón.

Provincia: A Coruña.

Rexistro de entrada: 180/RX839270.

Data: 28.3.2018.

Solicitante: Fernando Pérez Abeijón.

Especie: Ilex aquifolium L.

Localidade: Xestoso.

Concello: Lousame.

Provincia: A Coruña.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións e a documentación presentada xunto a elas, se someterán ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para que os interesados poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio e a documentación presentada xunto a elas, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aqueles interesados que se consideren directamente afectados poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.cmot@xunta.gal, poñendo no asunto “Información pública árbores senlleiras”.

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

– Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, 43-4º, 36071 Pontevedra.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://cmaot.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal).

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018

Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural