Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2018 Páx. 22739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 16 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro de subvención ditado o 26 de setembro de 2017 no expediente de axuda aos investimentos a bordo do buque pesqueiro Seixo Branco Primero PE 107D/2009-390-1.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada o acto administrativo que se sinala no anexo.

A eficacia do acto notificado queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os prazos se computarán a partir do día seguinte ao da súa publicación. Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que se proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo e constancia de tal coñecemento.

Segundo o disposto polo artigo 77.2 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselle ao interesado un prazo de quince (15) días para que alegue ou presente os documentos que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiario: Manuel García Méndez.

NIF: 76327243H.

Número de expediente SXPA: PE 107D/2009-390-1.

Proxecto: Modernización do buque pesqueiro Seixo Branco Primero (CO-2-5-02).

Acto de notificación: Acordo de inicio do procedemento de reintegro da subvención concedida, da conselleira do Mar, ditado en data 26 de setembro de 2017.

Último enderezo coñecido: rúa Manuel Gutiérrez Mellado, 8, 2º A, 15179 Liáns, Santa Cruz (A Coruña).