Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2018 Páx. 22741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 16 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica a resolución do procedemento de reintegro de subvención ditada o 25 de setembro de 2017 no expediente de axuda aos investimentos a bordo do buque pesqueiro Seixo Branco Primero, PE 107D/2009-390-1.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentar sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo a resolución do expediente de reintegro da subvención concedida. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os prazos se computarán a partir do día seguinte ao da publicación dese anuncio no TEU do BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que se publique por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

O interesado poderá comparecer nas oficinas desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución que se notifica, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de reposición ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o órgano competente desta orde xurisdicional no prazo de dous meses, contados, en ambos os dous casos, a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no TEU do BOE.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018

Mercedes Rodríguez Moreda
Directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiario: Manuel García Méndez.

NIF: 76327243H.

Número de expediente SXPA: PE 107D/2009-390-1.

Proxecto: Modernización do buque pesqueiro Seixo Branco Primero (CO-2-5-02).

Acto de notificación: Resolución do procedemento de reintegro da subvención concedida, da conselleira do Mar, ditada en data 25 de setembro de 2017.

Último enderezo coñecido: rúa Manuel Gutiérrez Mellado, 8, 2º A, 15179 Liáns, Santa Cruz (A Coruña).