Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2018 Páx. 22692

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (SSS 1224/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 1224/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gloria Concepción Villar Rodríguez contra Asaja Galicia, Asociación de Productores de Caza de Galicia, Xestión e Aconsellamento, Aconsellamento Integral de Explotacións, Dinamización do Medio Rural, Servizo Público de Emprego Estatal, Asociación Agraria Jóvenes Agricultores de Galicia, Asociación de Mulleres e Familias do Ámbito Rural Galego, Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia, Asociación Profesional de Selvicultores de España, Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia, Afrifoga e Asociación Xóvenes Agricultores, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: 1224/2015

Demandante: Gloria Concepción Villar Rodríguez

Letrada: Sra. Romero Salgado

Demandado: SPEE

Letrado: Sr. Rubio Rubio

Sentenza 180/2018

A Coruña, 9 de abril de 2018

Decisión:

Estimo a demanda formulada por Gloria Concepción Villar Rodríguez fronte ao Servizo Público de Emprego Estatal e, en consecuencia, declaro que ten dereito a percibir a prestación por desemprego por un período de 720 días, contados desde o 11 de agosto de 2015, partindo dunha base reguladora diaria de 44,22 euros/día, e condeno o demandado a estar e pasar por esta declaración e a aboar as diferenzas que procedan como consecuencia do resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino. Asinado. Javier López Cotelo.

Publicada no día da súa data.

Asinado. Marta Yanguas del Valle».

E para que lles sirva de notificación en legal forma a Asaja Galicia, Asociación de Productores de Caza de Galicia, Xestión e Aconsellamento, Aconsellamento Integral de Explotacións, Dinamización do Medio Rural, Asociación Agraria Jóvenes Agricultores de Galicia, Asociación de Mulleres e Familias do Ámbito Rural Galego, Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia, Asociación Profesional de Selvicultores de España, Asociación para el Fomento de la Riqueza Forestal de Galicia, Afrifoga e Asociación Xóvenes Agricultores, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de abril de 2018

A letrada da Administración de xustiza