Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 30 de abril de 2018 Páx. 22762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 10 de abril de 2018 pola que se notifica resolución de expediente de caducidade de concesión administrativa no porto de Cariño.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á mercantil Galicia Mar Renovables, S.L., mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, Resolución do presidente de Portos de Galicia do 3 de abril de 2018 que decreta a caducidade da concesión administrativa outorgada o 28 de maio de 2011 con destino á construción dunha planta para a ensamblaxe de sistemas de xeración de enerxía undimotriz expedidos por vía marítima no porto de Cariño, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese pola concorrencia das causas imperativas de caducidade previstas na condición 45 do título, alíneas b) e c).

A caducidade determina a extinción anticipada do título, a reversión da superficie ocupada e das instalacións ao dominio público portuario, o que se efectuará nun prazo máximo de tres (3) meses contado desde a publicación desta cédula, e a incautación da totalidade das garantías que se constituísen para responder da explotación ou construción da concesión.

Para ao seu exame, o expediente completo está nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

A presente resolución esgota a vía administrativa, e contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo nun prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda, ou recurso potestativo de reposición perante a Presidencia de Portos de Galicia, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia