Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2018 Páx. 22610

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 16 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador por infracción na orde social 63/2017.

De conformidade co establecido nos artigos 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a resolución ditada no expediente sancionador por infracción na orde social (materia relacións laborais), devolto polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, esta non se puido efectuar.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor un recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

O interesado, durante este prazo, poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución e recoller o documento de pagamento.

Advírteselle que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e deberá aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pagamento, xa que, en caso contrario, procederase á execución pola vía de constrinximento, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.

Expediente: 63/2017 (acta de infracción I272017000021500).

Empresa: José Luis Robledo Álvarez.

NIF/CIF: 34262824T.

Enderezo: avda. Galicia, 31, baixo, 27400 Monforte de Lemos (Lugo).

Preceptos infrinxidos: artigo 12.4 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Preceptos sancionadores: artigo 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei de infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 20 de marzo de 2018.

Lugo, 16 de abril de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo