Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2018 Páx. 22442

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se modifica a Resolución do 27 de decembro de 2017 pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2018, modificada pola Resolución do 5 de marzo de 2018.

Por Resolución da Xefatura Territorial de Pontevedra do 27 de decembro de 2017 aprobouse a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2018 (DOG núm. 20, do 29.1.2018).

O anexo A da citada resolución establece a relación de embarcacións e tripulantes autorizados para participaren neste plan de aproveitamento.

Con data do 6 de febreiro de 2018, o patrón maior da Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo solicitou que se modifiquen os tripulantes autorizados nas embarcacións Curota, matrícula 3ª VILL-3-4-02, e Xoana, con matrícula 3ª VILL-3-13-92.

Con data do 19 de febreiro de 2018, o patrón maior da Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo do Carril solicitou que se modifiquen os tripulantes autorizados nas embarcacións Mª del Carmen, matrícula VILL-3ª-2.652, e Porto, con matrícula VILL-3ª-10.131.

Por Resolución do 5 de marzo de 2018 (DOG núm. 60, do 26.3.2018) aprobáronse os cambios solicitados e modificouse o anexo A da Resolución do 27 de decembro de 2017, pola que se aproba a renovación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Ulla para o ano 2018.

O 14.3.2018 a confraría do Carril solicita de novo cambio de tripulantes na embarcación Tilocha (VILL-3ª-9.440) e o día 3.4.2018 un cambio na tripulación da embarcación Camba (3ª VILL-3-9952) pola venda desta a un novo titular.

Resolución.

Visto o exposto, e tendo en conta o informe do Servizo de Conservación da Natureza, acórdase a modificación dos tripulantes das embarcacións da confraría do Carril Tilocha, matrícula VILL-3ª-9.440, e Camba, con matrícula 3ª VILL-3-9952.

O anexo A, aprobado por Resolución do 27 de decembro de 2017, modificada por Resolución do 5 de marzo de 2018, polo que se establece a relación de embarcacións e membros participantes no Plan de aproveitamento de anguía no río Ulla para o ano 2018 quedaría como segue:

Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo

Embarcación

Matrícula

Participantes no plan

Conde I

3ª VILL-3-9902

José Ángel Somoza Eiras

Serafín Rubio Collazo

Curota

3ª VILL-3-4-02

Manuel Vidal Galbán

Eloy Vidal Galbán

Espada

3ª VILL-3-9473

Jorge Rubio Collazo

Javier Collazo Moares

Paraná

3ª VILL-3-12-96

José Luis Silva Conde

Peruco

3ª VILL-3-9-98

Juan Bautista Vicente Romero

Juan Vicente Patiño

Somos Dos

3ª VILL-3-9651

Manuel Cespón Fungueiriño

Xoana

3ª VILL-3-13-92

Juan Diego Tembra Domínguez

Cristina Ces Ordóñez

Manuel Tembra Vilanova

Total: 7 embarcacións - 13 tripulantes

Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo do Carril

Embarcación

Matrícula

Participantes no plan

Ángeles

VILL-3ª-10.128

José Manuel Pesado Romay

Juan Gabino Campos Taibo

Tatiana Pesado Batalla

Auxiliar Pesado

VILL-3ª-8.707

Roberto Barreiro Pesado

Gerardo Barreiro Pesado

Camba

VILL-3ª-9.952

Elena Pérez Lago

Ricardo Jueguen Martínez

Eu

VILL-3ª-10.223

Ramón Barreiro Blanco

María Manuela Outeiral Fandiño

Juan Francisco García Cameán

Gima

VILL-3ª-4.092

José Barreiro Blanco

Carmelo Campos Taibo

María del Carmen

VILL-3ª-2.652

Alfonso Barreiro Ferreirós

Porto

VILL-3ª-10.131

Rafael Ozores Grande

Begoña Barreiro Ferreirós

Tami Uno

VILL-3ª-3-2-08

José Ángel Pesado Taibo

Alejandro Pesado Taibo

Tilocha

VILL-3ª-9.440

Antonio Pesado Romay

Marcos Pesado Portas

Iván Pesado Portas

Vicenta

VILL-3ª-10.156

Miguel Barreiro Blanco

Miguel Ángel Campos Taibo

Xurxo

VILL-3ª-8-91

José Manuel Diz Álvarez

María Begoña Gerpe Jamardo

Total: 11 embarcacións - 24 tripulantes

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio no prazo de 1 mes desde a súa recepción, segundo o recollido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Pontevedra, 11 de abril de 2018

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra