Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2018 Páx. 22594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato, tramitado polo procedemento aberto e tramitación ordinaria e anticipada de gasto, para a contratación do servizo consistente na dirección de execución das obras de restauración e mellora da envolvente térmica dos edificios do Complexo Administrativo San Caetano.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2018-SESE 03–PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=225237

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación dos servizos consistentes na dirección de execución das obras de restauración e mellora da envolvente térmica dos edificios do Complexo Administrativo San Caetano en Santiago de Compostela.

c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 71221000-3. Servizos de arquitectura para edificios e dous máis.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 30 de novembro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 85.945,58 €.

5. Orzamento base de licitación:

– Importe neto: 78.132,35 €.

– Importe total: 94.540,14 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 6 de abril de 2018.

b) Data da formalización do contrato: 11 de abril de 2018.

c) Contratista: Proyfe, S.L.

d) Importe de adxudicación:

– Importe neto: 57.400,00 €.

– Importe total: 69.454,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza