Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 27 de abril de 2018 Páx. 22596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2018, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 22 de marzo de 2018 polo que se autoriza a transmisión das licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica nas localidades de Chantada, na frecuencia 93.5 MHz, e de Viveiro, na frecuencia 94.8 MHz, das que é titular El Progreso de Lugo, S.A., a favor de Ondas Galicia, S.A.

Adoptado Acordo polo Consello da Xunta de Galicia en sesión do día 22 de marzo de 2018,

RESOLVO

Dar publicidade ao acordo do Consello da Xunta de Galicia do 22 de marzo de 2018 que a continuación se transcribe:

«Primeiro. Autorizar a transmisión da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica na localidade de Chantada na frecuencia 93.5 Mhz da que é titular El Progreso de Lugo, S.L. a favor de Ondas Galicia, S.A.

Segundo. Autorizar a transmisión da licenza para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica na localidade de Viveiro na frecuencia 94.8 Mhz da que é titular El Progreso de Lugo, S.L. a favor de Ondas Galicia, S.A.».

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2018

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios