Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2018 Páx. 22431

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de modificación da relación de postos de traballo (código 2904).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión que tivo lugar o 7 de febreiro de 2018, adoptou, entre outros, o Acordo 7/60 modificación da relación de postos de traballo do Concello de Lugo, no que respecta ao parágrafo de observacións do posto de director da banda de música (código 2904). A transcrición da parte dispositiva é a seguinte:

«Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo do Concello de Lugo no exclusivo particular de engadir ao parágrafo de observacións do posto de traballo do director da banda de música (código 2904) a lenda “Aberto a outras administración. Queda como segue:

Código

Posto

D.O.T

VIN

TP

Comp. esp.

Grupo

Nivel

Forma. prov.

Escala

Titulación

Observ.

A2904

Director banda música

1

F

S

11.560,20

A

29

Concurso

F.A.E téc. sup

1

Aberto a outras administracións

Segundo. Proceder á súa publicación regulamentaria no BOP e DOG e a notificarlles este acordo á Xunta de Persoal e ao Comité de Empresa, así como aos sindicatos presentes na Mesa de Negociación do 26 de decembro de 2017».

Lugo, 9 de marzo de 2018

A alcaldesa
P.D. (Decreto 16005312, do 5.7.2016)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Tenente de alcalde delegado da Área de Desenvolvemento
Sostible e Persoal