Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2018 Páx. 22432

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mugardos

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de oficial de policía local por promoción interna.

A Xunta de Goberno Local, en sesión realizada o día 22 de marzo de 2018, aprobou a convocatoria e as bases para a provisión dunha praza do corpo da policía local, categoría oficial.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 62, do 3 de abril de 2018, publicáronse as bases reguladoras do proceso selectivo, mediante concurso-oposición por promoción interna, para a provisión en propiedade dunha praza vacante do corpo da policía local, grupo C1, persoal funcionario, categoría oficial, incluída na oferta de emprego público 2017.

As instancias en que se solicita tomar parte no procedemento selectivo poderanse presentar no Rexistro Xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello de Mugardos.

Mugardos, 3 de abril de 2018

María del Pilar Díaz Otero
Alcaldesa