Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2018 Páx. 22398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente VI-000057209 e tres máis).

Despois de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas que se sinalan no dito anexo, ou aos seus representantes, o acto administrativo que se indica.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do órgano de valoración da Dependencia de Vigo, sitas na rúa Numancia, nº 3, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer. Advírteselles que, de non atenderen ao acto que se notifica, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito a prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizaren as actividades necesarias para continuar coa tramitación, se producirá a caducidade do procedemento pola paralización imputable ás persoas interesadas e se acordará o arquivamento das actuacións, logo da resolución que lles será notificada.

Vigo, 5 de febreiro de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/
Nº de expediente

Apelidos e nome/(DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

BS210A/VI-00005709

Bastos Rivas, Mª del Carmen (35955767M)

Citación

21.9.2017

BS210A/VI-000059598

Pérez Carballo, Antonia (35944574J)

Citación

16.10.2017

BS210A/VI-000060463

Marín Rodríguez, Valentín (35927638M)

Citación

30.11.2017

BS210A/VI-000060846

Pérez Barcia, Nazan (78831510E)

Citación

23.11.2017