Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 26 de abril de 2018 Páx. 22396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 31 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican requirimentos de emenda de solicitudes efectuados no procedemento BS210A (expediente VI-000059160 e tres máis).

Despois de intentar e tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e toda vez que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícanselles ás persoas que se sinalan no dito anexo, ou aos seus representantes, os requirimentos que se indican.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas ou os seus representantes debidamente acreditados poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas na praza da Estrela, s/n, 3ª planta (Vigo), en horario de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. No caso de non compareceren no prazo indicado, entenderase producida a notificación.

Advírteselles, de conformidade co disposto no artigo 24 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, que, de non atenderen ao requirimento, se terán por desistidas da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.

Vigo, 31 de xaneiro de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/

nº de expediente

Apelidos e nome/(DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do requirimento

BS210A-VI-000059160

Méndez Pazo, María José (36043398Y)

Requirimento de emenda

23.3.2017

BS210A-PO-000058829

Mariño Expósito, Carmen (76612820G)

Requirimento de emenda

8.3.2017

BS210A-VI-000059350

Molares Barros, Manuel (35883983G)

Requirimento de emenda

30.3.2017

BS210A-VI-000060647

Alexandra Durac, Rahela (Y2184712W)

Requirimento de emenda

23.11.2017