DSP despedimento/cesamentos en xeral 633/2017
Procedemento de orixe: /
Sobre despedimento
Demandante: José Luis Fernández Yebenes
Avogado: Xavier Castro Martínez
Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Turmens Logística Urgente, S.L.
Avogado: letrado de Fogasa
Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 633/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Fernández Yebenes contra Turmens Logística Urgente, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:
Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.
Sentenza 164/2018.
DSP despedimento/cesamentos en xeral 633/2017.
Procedemento de orixe: /
Sobre: despedimento.
Demandante: José Luis Fernández Yebenes.
Demandado: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Turmens Logística Urgente, S.L.
Avogado: letrado de Fogasa.
Sentenza.
Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2018.
Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 633/2016 sobre despedimento, seguidos por instancia de José Luis Fernández Yebenes, asistido polo letrado Xavier Castro Martínez, contra a empresa Turmens Logística Urgente, S.L.
Decido.
Estímase parcialmente a demanda formulada por José Luis Fernández Yebenes contra a empresa Turmens Logística Urgente, S.L., declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno a empresa demandada a que lle aboe a cantidade de 1.878,68 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de euros 45,54/día; así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 28 de xullo de 2017, ata a data desta sentenza, por importe de 10.993,17 euros; todo isto sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.
Notifíqueselles a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.
Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.
Para que sirva de notificación en legal forma a Turmens Logística Urgente, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 6 de abril de 2018
A letrada da Administración de xustiza