Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2018 Páx. 22143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 11 de abril de 2018 polo que se notifica o inicio do procedemento de extinción por causa de resolución e liquidación do contrato de obra de mellora no sistema de saneamento e depuración no concello de Neda (clave OH.315.999).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o inicio do procedemento de extinción por causa de resolución e liquidación del contrato de referencia.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia sitas na rúa Doutor Maceira, 18, baixo, 15706 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento e dispón do mesmo prazo para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións considere pertinentes.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2018

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia

ANEXO

Clave expediente: OH.315.999.

Interesada: Construcciones Boalva, S.L.

NIF: B32304495.

Acto que se notifica: acordo de inicio do procedemento de extinción por resolución e liquidación do contrato da obra de mellora no sistema de saneamento e depuración no concello de Neda. Neda (A Coruña), de clave OH.315.999.

Dirección: polígono industrial San Cibrao das Viñas, Rúa 4- nave 23 b, 32901 San Cibrao das Viñas, Ourense.