Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 25 de abril de 2018 Páx. 22145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2018 pola que se somete a información pública a delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Ribeira.

A entidade pública empresarial Portos de Galicia elaborou a delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Ribeira (A Coruña) en cumprimento do artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable aos portos competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia.

Este documento sométese a información pública para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas, dispoñendo para isto do prazo de 45 días que se contarán a partir do día seguinte ao da data da publicación deste anuncio.

As reclamacións ou alegacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais do ente público, situadas na praza de Europa, nº 5A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da zona centro de Portos de Galicia, avenida Porto da Coruña, 5, 1º, 15006 A Coruña, onde se poderá tamén examinar o documento referido durante o prazo indicado e nos días hábiles das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, a documentación estará á disposición na páxina web www.portosdegalicia.com, na epígrafe de Áreas Temáticas/Planificación.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia