Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 24 de abril de 2018 Páx. 21942

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 11 de abril de 2018, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a resolución da baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de varios establecementos.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 30 de xaneiro de 2018, da baixa dos establecementos indicados no anexo, xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpor recurso potestativo de reposición ante esta Axencia Turismo de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 11 de abril de 2018

María Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecimiento: Lorena.

Signatura: C-PO-000213.

Titular: Matilde Portela Lorenzo.

Domicilio: rúa Príncipe, 57.

Concello: Vigo.

Establecimiento: Salceda.

Signatura: R-PO-000448.

Titular: José López Estévez.

Domicilio: rúa Teófilo Llorente, 65.

Concello: Vigo.

Establecimiento: Mordiscos.

Signatura: C-PO-000668.

Titular: Ramón García Ruibal.

Domicilio: rúa Pedro Mateo Sagasta, 44.

Concello: Caldas de Reis.

Establecimiento: Mi Rincón.

Signatura: C-PO-000963.

Titular: María de Fátima da Silva Araújo.

Domicilio: rúa Maristas, 13, baixo.

Concello: Tui.