Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2018 Páx. 21609

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2017.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 28 de decembro de 2017, adoptou o Acordo número 1/805, na parte dispositiva do cal se fai constar:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público para o ano 2017 co número de prazas de persoal funcionario que figura no anexo, coa indicación das categorías profesionais en que se distribúen.

Segundo. Determinar, expresamente, que as bases das convocatorias que se vaian realizar conterán o sistema de selección que se determine dentro do marco legal vixente. Terán que garantirse, en todo caso, os principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade consagrados na Constitución.

Terceiro. Dispoñer que este acordo se publicará no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 9 de xaneiro de 2018

A alcaldesa
P.D. (Decreto 16005312, do 5.7.2016)
Xosé Daniel Piñeiro Villares
Teniente de alcalde delegado da Área de Desenvolvemento Sustentable e Persoal

ANEXO
Persoal funcionario

– Grupo A, subgrupo A2, escala de Administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda libre). Denominación: aparellador/a arquitecto/a técnico/a.

– Grupo C, subgrupo C1, escala de Administración especial (quenda libre). Número de vacantes: 5. Denominación: policía local.

– Grupo C, subgrupo C2, escala de Administración especial (quenda libre). Número de vacantes: 3. Denominación: bombeiro/a condutor/a.

– Grupo C, subgrupo C2, escala de Administración xeral (quenda libre). Número de vacantes: 2. Denominación: auxiliar administrativo/a.

– Grupo C, subgrupo C2, escala de Administración especial (quenda libre). Número de vacantes: 1. Denominación: oficial/a lector/a contador/a.

– Grupo C, subgrupo C2, escala de Administración especial (quenda libre). Número de vacantes: 1. Denominación: oficial vixilante recadador/a.

– Grupo C, subgrupo C2, escala de Administración especial (quenda libre). Número de vacantes: 1. Denominación: oficial electricista.

– Grupo AP, escala de Administración especial (quenda de discapacitados/as). Número de vacantes: 1. Denominación: celador/a colexio público.

– Grupo AP, escala de Administración xeral (quenda de discapacitados/as). Número de vacantes: 1. Denominación: ordenanza.

– Grupo AP, escala de Administración especial (quenda libre). Número de vacantes: 1. Denominación: traballador/a de familia.

– Grupo A, subgrupo A2, escala de Administración especial. Número de vacantes: 1 (quenda promoción interna). Denominación: inspector/a policía local

– Grupo A, subgrupo A2, escala de Administración xeral. Número de vacantes: 3 (quenda de promoción interna). Denominación: técnico/a medio/a de xestión

– Grupo C, subgrupo C1, escala de Administración xeral. Número de vacantes: 1 (quenda de promoción interna). Denominación: administrativo/a.