Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2018 Páx. 21607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de impresión dos materiais necesarios para o Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal (expediente AB-CON1-17-003).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-CON1-17-003.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de impresión dos materiais necesarios para o Programa galego de detección precoz do cancro colorrectal.

c) Lote (no seu caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 79810000-5.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 135.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 90.000 euros. Importe total: 108.900 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16.2.2018.

b) Data de formalización del contrato: 20.2.2018.

c) Contratista: Gráficas Lasa, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 57.880 euros. Importe total: 70.034,80 euros.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos