Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2018 Páx. 21534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a Resolución do 21 de febreiro de 2018, ditada pola xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Ourense, da zona de concentración parcelaria do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentada a notificación por correo certificado aos interesados citados no anexo, sen que fose posible, notifícaselle por medio deste anuncio a resolución ditada no correspondente expediente.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso de alzada ante a Consellería do Medio Rural.

Ourense, 4 de abril de 2018

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

1. Propietario nº 9.

Destinatario: José Alonso Sabín.

Acto notificado: Resolución do 21 de febreiro de 2018 ditada pola xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Ourense.

Zona de concentración: O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).

2. Propietario nº 322.

Destinatario: Pedro Rodríguez Gil.

Acto notificado: Resolución do 21 de febreiro de 2018 ditada pola xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Ourense.

Zona de concentración: O Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas-Ourense).