Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2018 Páx. 21536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 9 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de notificación do inicio do trámite de audiencia en relación co expediente de concentración parcelaria de Duxame-Insua-Portodemouros (Vila de Cruces-Pontevedra), en modificacións do acordo.

De conformidade co disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural en Lalín (rúa Polideportivo, nº 1, baixo), teléfono 886 15 94 52.

Pontevedra, 9 de abril de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. expte.

Interesada

Acto que se notifica

DX-MA-1019

Josefa Brea Lodeiros

Trámite de audiencia