Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2018 Páx. 21531

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica un acto administrativo ditado nun procedemento competencia desta entidade (expediente 2017/141/27).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por descoñecer o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, notifícaselles o acto administrativo ás persoas interesadas e que se indican no anexo no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil.

O expediente atópase á disposición das persoas interesadas ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa onde, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro do acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terán por notificados. Advírteselles que no prazo de quince (15) días desde o día seguinte á notificación do inicio do trámite de audiencia terase por cumprido.

Lugo, 14 de febreiro de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número do expediente: 2017/141/27.

a) Interesados/as:

1º. Abdelmajid Harram.

Enderezo actual: descoñecido.

2º. Soufia Hadami.

Enderezo actual: descoñecido.

b) Acto administrativo que se notifica: acordo do inicio do trámite de audiencia do 7 de novembro de 2017.