Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2018 Páx. 21532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 9 de marzo de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica un acto administrativo ditado nun procedemento competencia desta entidade (expediente 2007/234/27).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por descoñecer o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, notifícaselle o acto administrativo á persoa interesada e que se indica no anexo no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa onde, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro do acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertindo que, de non facelo, se terá por notificada. Advírteselle que no prazo de quince (15) días desde o día seguinte á notificación do inicio do trámite de audiencia terase por cumprido.

Lugo, 9 de marzo de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número do expediente: 2007/234/27.

Persoa interesada: Manuel de Jorge Rodríguez.

Enderezo actual: Santiago de Castelo, núm. 29, 27190 Lugo.

Acto administrativo que se notifica: acordo do inicio do trámite de audiencia do 20 de febreiro de 2018.