Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2018 Páx. 21579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 5 de abril de 2018, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a Resolución do 1 de marzo de 2018 ditada no expediente sancionador LU-S-30/2017, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, perante a directora da Axencia de Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme, e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) Publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte. b) Publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato siguiente. O pagamento realizase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De no efectuarse o ingreso no citado plazo, procederase á súa exacción pola vía de constriximento, segundo o disposto pola Orden do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).

Lugo, 5 de abril de 2018

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-S-30/2017.

Denunciado: Gran Balneario Aguas Mineromedicinales de Guitiriz, S.A.

Establecemento: Hotel Balneario de Guitiriz.

Enderezo: estrada do Balneario, s/n.

Localidad: Guitiriz.

Precepto infrinxido: artigo 35.e) da Lei 7/2011.

Tipo de infracción: artigo 109.2.b) da Lei 7/2011.

Cualificación: leve.

Resolución: 1 de marzo de 2018.

Sanción: multa de cen euros (100,00 €).