Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2018 Páx. 21324

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (644/2016).

ORD procedemento ordinario 644/2016

Sobre outras materias

María Jesús Pérez Fernández, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, fai saber que no presente procedemento ordinario 644/2016, seguido por instancia de José M. Domínguez Carballo, representado polo procurador Juan José Belmonte Pose e asistido do letrado Francisco Javier López-Keller Álvarez, fronte a Álvaro Sebastián Rivero Morales, se ditou sentenza con data do 29 de setembro de 2017, cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

Sentenza: 148/2017

Xuízo ordinario nº 644/2016

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2017

Sentenza

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, as presentes actuacións de xuízo ordinario tramitadas co número 644/2016, en que interviñeron, como demandante, José Manuel Domínguez Carballo, representado polo procurador dos tribunais Sr. Belmonte Pose e asistido polo letrado Sr. López Keller, e como demandado, Álvaro Sebastián Rivero Morales, en situación de rebeldía procesual, en virtude das seguintes consideracións,

Dispoño

Estimar parcialmente a demanda interposta por José Manuel Domínguez Carballo e, en consecuencia, condénase a Álvaro Sebastián Rivero Morales a aboar ao demandante a suma de 2.370 euros máis os xuros legais desde a interposición da demanda. Cada parte deberá aboar as custas causadas á súa instancia e as comúns por metade.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días a partir da súa notificación, para a súa posterior resolución pola Audiencia Provincial, logo de depósito da suma de 50 euros.

Así o acordo, mando e asino.

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado en situación de rebeldía procesual, Álvaro Sebastián Rivero Morales, expídese esta cédula para que lle sirva de notificación.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza