Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2018 Páx. 21388

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de abril de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente MON-CO-0121-2018 DIS e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, cuxa data de publicación será a que determine a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 5 de abril de 2018

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: MON-CO-0121-2018 DIS.

Denunciada: Mª Isaura Barros Gómez.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: MON-CO-0094-2018 DIA.

Denunciada: Mª Carmen Lago Boiturón.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: MON-CO-0073-2018 DIS.

Denunciado: Pedro Castrillón Cibreiro.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Expediente: MON-CO-0054-2018 CSA.

Denunciada: Katia Mª Casas Brañas.

Acto de notificación: acordo de inicio.