Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2018 Páx. 21373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta do 4 de maio de 2017 polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros, do parque eólico Cadeira, nos concellos de Trabada, Riotorto, A Pontenova, Lourenzá e Mondoñedo (Lugo), promovido pola sociedade Norvento Eólica, S.L.U. (LU-11/127-EOL).

En cumprimento do disposto nos artigos 128 e 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 4 de maio de 2017, polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros, do parque eólico Cadeira, emprazado nos concellos de Trabada, Riotorto, A Pontenova, Lourenzá e Mondoñedo (Lugo) e promovido pola sociedade Norvento Eólica, S.L.U. (LU-11/127-EOL).

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta, do 4 de maio de 2017, polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros, do parque eólico Cadeira, nos concellos de Trabada, Riotorto, A Pontenova, Lourenzá e Mondoñedo (Lugo), promovido pola sociedade Norvento Eólica, S.L.U. (LU-11/127-EOL).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Norvento, S.L. (en diante a promotora) en relación coa autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros do parque eólico Cadeira (en diante o parque eólico), constan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG núm. 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico Cadeira, cunha potencia de 18 MW e promovido por Norvento, S.L.

Segundo. O 22.2.2011 a promotora solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a aprobación do proxecto sectorial e a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a inclusión no réxime especial para o parque eólico.

Terceiro. O 25.10.2011 a promotora presentou o estudo de impacto ambiental do parque eólico.

Cuarto. O 28.2.2012 a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo (en diante a Xefatura Territorial) emitiu o informe sobre as instalacións electromecánicas recollidas no proxecto de execución do parque eólico.

Quinto. O 7.3.2012 e o 3.7.2012 o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial informou sobre os dereitos mineiros afectados polo parque eólico.

Sexto. Por Resolución do 2 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a aprobación do proxecto de execución, do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e do estudo de impacto ambiental referidos ao proxecto do parque eólico.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 16.5.2012, no Boletín Oficial da provincia de Lugo do 21.3.2012 e no xornal El Progreso do 23.3.2012. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Trabada, Riotorto, A Pontenova, Lourenzá e Mondoñedo), da Xefatura Territorial e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Lugo, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

Durante o período de información pública presentáronse alegacións sobre as cales a Xefatura Territorial emitiu informe o 1.10.2013.

A seguir resúmese o contido das alegacións presentadas:

Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, maioritariamente en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, cos enderezos para os efectos de notificacións, co tipo de aproveitamento, coa comprobación das superficies afectadas e das disposicións das afeccións sobre os predios, etc.

Alegacións propias do procedemento polo que se aproba o proxecto sectorial do parque eólico como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

Cuarcitas Padornelo, S.L. presentou alegacións propias do trámite de compatibilidade entre o dereito mineiro Chao Grande nº 333 e o parque eólico.

Sétimo. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Xefatura Territorial remitiu, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Concello de Trabada; Concello de Riotorto; Concello da Pontenova; Concello de Lourenzá; Concello de Mondoñedo; Retegal e Retevisión I, S.A.

Oitavo. O 20.3.2012 Retegal emitiu o correspondente condicionado técnico, no cal se recolle que, a pesar de non se observar obstrucións directas nos sinais de televisión da TDT, se, unha vez executado o parque eólico, as houber, a promotora deberá adoptar as medidas axeitadas para restablecer a calidade e a correcta recepción dos sinais da TDT. Isto foi trasladado a promotora, que achegou a súa resposta o 17.4.2012.

Noveno. O 27.3.2012 o Concello da Pontenova emitiu informe en que estableceu o correspondente condicionado no relativo ao proxecto do parque eólico. A promotora manifestou a súa conformidade o 27.4.2012 e o 5.6.2012.

Décimo. O 30.3.2012 Retevisión I, S.A. emitiu un condicionado favorable ao respecto do parque eólico. A promotora manifestou a súa conformidade o 27.4.2012.

Décimo primeiro. O 20.4.2012 o Concello de Riotorto emitiu informe en que estableceu o correspondente condicionado no relativo ao proxecto do parque eólico. A promotora manifestou a súa conformidade o 16.5.2012.

Décimo segundo. O 24.4.2012 a Xefatura reiterou a solicitude de informe, feita o 2.3.2012, ao Concello de Lourenzá.

Décimo terceiro. O 24.4.2012 a Xefatura reiterou a solicitude de informe, feita o 2.3.2012, ao Concello de Mondoñedo.

Décimo cuarto. O 24.4.2012 a Xefatura reiterou a solicitude de informe, feita o 2.3.2012, ao Concello de Trabada.

Décimo quinto. O 24.4.2012 a Xefatura reiterou a solicitude de petición de condicionado sobre a separata do parque eólico, feita o 2.3.2012, ao Servizo de Montes de Lugo no relativo ás seguintes comunidades: MVMC Vilaouruz, MVMC Vilapena, MVMC Vilaformán, MVMC Santo Estevo, Acrivro e Insua.

Décimo sexto. O 20.7.2012 e o 23.7.2012, a Xefatura Territorial acordou a incoación do trámite de compatibilidade, respectivamente, entre o parque eólico e o aproveitamento da sección A Chao Grande nº 333, e entre o parque eólico e a concesión de explotación Patricia Fracción 2ª nº 5760.2, dando audiencia aos interesados.

Décimo sétimo. O 1.2.2013 en relación coa concesión Patricia Fracción 2ª nº 5760.2, e o 21.6.2013, en relación co aproveitamento da sección A Chao Grande nº 333, a Xefatura Territorial emitiu os correspondentes informes de compatibilidade.

Décimo oitavo. O 2.10.2013 a Xefatura Territorial remitiu o expediente do parque eólico á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para continuar coa tramitación do procedemento.

Décimo noveno. O 24.1.2014 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas autorizou as modificacións de proxecto solicitadas pola promotora para dar cumprimento ás condicións establecidas durante a tramitación ambiental. As modificacións introducidas no proxecto consisten no cambio de localización de todos os aeroxeradores e na conseguinte reconfiguración parcial da traza das vías e da rede eléctrica subterránea.

Vixésimo. O 11.6.2014 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública por Resolución do 8 de xullo de 2014 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG núm. 81, do 28 de abril de 2016).

Vixésimo primeiro. O 25.2.2015 para os efectos de continuar coa tramitación do expediente, a promotora presentou o proxecto sectorial actualizado e a addenda ao proxecto de execución, nos cales se recollen as modificacións autorizadas o 24.1.2014 pola Dirección Xeral de Enerxía e Minas. O 30.6.2015 a promotora presentou a declaración de utilidade pública (3ª actualización), maio 2015.

Vixésimo segundo. O 15.6.2015 a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe a que fai referencia o artigo 37.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental.

Vixésimo terceiro. O 19.6.2015, o Servizo de Montes de Lugo emitiu o informe a que fai referencia o artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. O 3.8.2015 a promotora presentou a súa conformidade co citado informe.

Vixésimo cuarto. O 20.8.2015 a promotora presentou resolucións da Axencia Estatal de Seguridade Aérea relativas a varios parques eólicos de Norvento, S.L.U. Entre elas incluíuse a Resolución do 29 de marzo de 2012, da Axencia Estatal de Seguridade Aérea en materia de servidumes aeronáuticas, pola que se autorizaron as instalacións do parque eólico e se estableceu o correspondente condicionado.

Vixésimo quinto. O 2.9.2015 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas notificou ás persoas interesadas as modificacións introducidas na relación de bens e dereitos afectados polo proxecto, e procedeuse a publicar no Diario Oficial de Galicia do 31.3.2016 e no Boletín Oficial del Estado do 4.4.2016 o anuncio do 9 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notificou a diversos interesados a solicitude de declaración de utilidade pública no expediente LU-11/127-EOL.

Vixésimo sexto. O 19.5.2016 a Xefatura Territorial emitiu os informes de compatibilidade entre a modificación do parque eólico Cadeira e os dereitos mineiros Patricia Fracción 2ª nº 5760.2 e Chao Grande nº 333. Nos citados informes considerábase a compatibilidade entre a modificación do parque eólico Cadeira e o dereito mineiro Patricia Fracción 2ª nº 5760.2, así como a necesidade de dar o trámite de audiencia ao titular do dereito mineiro afectado Chao Grande nº 333.

Vixésimo sétimo. O 30.5.2016, en aplicación do disposto no número 2 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas acordou a apertura do trámite de audiencia e outorgou ao titular do dereito mineiro afectado Chao Grande nº 333 un prazo de 15 días para que alegase e presentase os documentos e xustificacións que considerase oportuno.

Vixésimo oitavo. En resposta ao trámite de audiencia, o 15.6.2016 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia de Lugo un escrito do titular do dereito mineiro afectado Chao Grande nº 333. Nel solicitábase a remisión dos informes de compatibilidade do 21.6.2013 e do 19.5.2016, así como a suspensión do prazo de 15 días do trámite de audiencia. En resposta á súa solicitude, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas outorgoulle unha ampliación de prazo de 7 días para que alegase e presentase os documentos e xustificacións que considerase pertinentes, de conformidade co establecido no artigo 49.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Vixésimo noveno. O 22.7.2016 o titular do dereito mineiro afectado Chao Grande nº 333 presentou as alegacións relativas ao trámite de compatibilidade entre o parque eólico e o dereito mineiro afectado.

Trixésimo. O 31.8.2016 deuse traslado do expediente do trámite de audiencia á Xefatura Territorial. O 21.2.2017, a Xefatura Territorial emitiu o informe de compatibilidade entre a modificación do parque eólico Cadeira e o dereito mineiro Chao Grande nº 333.

Trixésimo primeiro. O 24.2.2017 a Subdirección Xeral de Recursos Minerais comunicou que a concesión de explotación Patricia Fracción 2ª nº 5760.2 e a autorización de aproveitamento de recurso da sección A) Chao Grande nº 333, localizadas dentro da área xeográfica do parque eólico Cadeira son compatibles coa construción e explotación deste.

Trixésimo segundo. O 21.4.2017 tómase razón da solicitude presentada por María Fernández Castro en nome da sociedade promotora sobre a subrogación á súa sociedade filial unipersoal Norvento Eólica, S.L.U. de todos os dereitos, obrigas e activos relacionados co parque eólico Cadeira, solicitude presentada o 14.7.2016, e completada o 16.11.2016 e o 17.4.2017.

Trixésimo terceiro. O 26.4.2017 o Servizo de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética emitiu informe en relación coa Addenda Proxecto de Execución Parque Eólico Cadeira. Febreiro 2015.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 28.3 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, aplicable ao presente procedemento en virtude do previsto na disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e de acordo co establecido polo artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, pola que se modifica a Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, consonte a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo desta resolución, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:

En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, cómpre indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas e que corresponde á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a acreditación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localizacion, extensión, tipo de aproveitamento,...).

No que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre a promotora eólico e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

En relación coas alegacións propias do trámite de compatibilidade entre o dereito mineiro Chao Grande nº 333 e o parque eólico, cómpre indicar o recollido nos antecedentes de feito trixésimo e trixésimo primeiro desta resolución.

No que respecta ás alegacións de carácter sectorial, estas serán tidas en conta no informe a que fai referencia o artigo 13.3 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal en relación co proxecto sectorial do parque eólico.

De acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Autorizar as instalacións do parque eólico Cadeira, nos concellos de Trabada, Riotorto, A Pontenova, Lourenzá e Mondoñedo (Lugo), promovido pola sociedade Norvento Eólica, S.L.U, cunha potencia de 18 MW.

Segundo. Aprobar o proxecto de execución das instalacións do parque eólico Cadeira, composto polos documentos Proxecto de Execución Parque eólico Cadeira. Xaneiro 2011 e Addenda Proxecto de Execución Parque Eólico Cadeira. Febreiro 2015, asinados polo enxeñeiro industrial Pablo Fernández Castro, colexiado nº 985/201 do ICAI. As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Norvento Eólica, S.L.U.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, Polígono Industrial das Gándaras, 23. 27003 Lugo.

Denominación: parque eólico Cadeira.

Potencia instalada: 18 MW.

Produción neta anual estimada: 58.624 MWh/ano.

Concellos afectados: Trabada, Riotorto, A Pontenova, Lourenzá e Mondoñedo (Lugo).

Orzamento de execución material: 15.793.641 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

P.E. Cadeira

Vértices Poligonal

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM

(Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

1

639.000

4.810.111

638.875,34

4.809.897,56

2

647.000

4.810.111

646.875,25

4.809.897,56

3

647.000

4.803.600

646.875,25

4.803.386,58

4

646.753

4.802.818

646.628,35

4.802.604,57

5

639.000

4.802.817

638.875,34

4.802.603,54

Torres meteorolóxicas: coordenadas UTM (Fuso 29 ED50)

Torres meteorolóxicas: coordenadas UTM (Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

TM_CD1

642.585

4.806.948

642.460,27

4.806.734,58

TM_CD2

643.651

4.805.506

643.526,29

4.805.292,58

Subestación e edificio de control

coordenadas UTM (Fuso 29 ED50)

Subestación e edificio de control

coordenadas UTM (Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

643.074

4.806.483

642.949,27

4.806.269,58

Nº aeroxerador

Coordenadas UTM (Fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM (Fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

CD01

642.584

4.806.666

642.459,27

4.806.452,58

CD02

642.900

4.806.503

642.775,27

4.806.289,58

CD03

643.191

4.806.352

643.066,27

4.806.138,58

CD04

643.473

4.806.191

643.348,28

4.805.977,58

CD05

643.564

4.805.957

643.439,28

4.805.743,58

CD06

643.739

4.805.696

643.614,28

4.805.482,58

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 6 aeroxeradores Vestas V-112 de 3.000 kW de potencia nominal unitaria.

– 6 centros de transformación de 3.450 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,65/20 kV, Dyn5, instalados individualmente no interior da góndola de cada aeroxerador coas súas correspondentes aparellaxes de seccionamento, manobra e protección.

– 2 torres meteorolóxicas autoportantes de 119 m de altura, equipadas con anemómetros, viraventos, medidores de temperatura e de presión e logger rexistrador.

– Liñas eléctricas subterráneas de 20 kV de tensión nominal en canalización entubada, normalmente baixo vía (largo 0,7 m) ou ben en terreo libre (largo 5 m), para a evacuación de enerxía xerada, de interconexión entre centros de transformación 0,65/20 kV e subestación transformadora 20/132 kV.

– Camiños ou vías, con 5 m de largura mínima e maioritariamente en saburra natural da zona para o acceso a aeroxeradores, torre anemométrica, edificio de control e subestación eléctrica.

– Subestación transformadora híbrida (AIS/GIS) 20/132 kV, cun transformador principal 20/132 kV intemperie, YNyn0d11, de 13,5/18 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal, e outro de servizos auxiliares 20/0,4 kV de 100 kVA, Yzn11, cos correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

– Edificio de control no cal se situarán, entre outros, as celas de liña, de protección e de medida.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico, segundo o previsto nos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Cuarto. Declarar a compatibilidade do parque eólico cos dereitos mineiros Patricia Fracción 2ª nº 5760.2 e Chao Grande nº 333.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Para garantir o cumprimento das súas obrigas, Norvento Eólica, S.L.U constituirá, de acordo co establecido no artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, unha fianza polo importe de 315.872,82 euros, correspondente ao 2 % do orzamento de execución material das instalacións do proxecto que se aproba por esta resolución.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no antedito artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

2. Consonte o disposto nos artigos 40.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Norvento Eólica, S.L.U. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en 166.192 euros.

A dita fianza depositarase na caixa xeral de depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

3. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

4. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

5. As instalacións autorizadas realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución que se aproba por esta resolución.

6. No caso de se manifestaren perturbacións na recepción do sinal da TDT directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Norvento Eólica, S.L.U deberá adoptar as medidas necesarias para devolver á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

7. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de 8 meses contados a partir da obtención de todas as licenzas e permisos.

8. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental formulada o 11.6.2014 pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

9. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital que lle resulten de aplicación.

10. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condiciones impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

11. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo, de acordo co establecido nos artigos 38 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 128 e 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Anexo

Alegacións presentadas durante o período de información pública indicados nos antecedentes de feito sexto e vixésimo quinto:

Antonio Rodríguez Ramallal, o 19.3.2012; José Antonio López Alvite, o 19.3.2012; Argimira Bouso Currás, o 20.3.2012; José Antonio Alvite García, o 20.3.2012; José Luis Gavín Ramallal, o 21.3.2012; Ángel Comendeiro Lombardero, o 23.3.2012; José López Cabodevila, o 23.3.2012; Eva López Ramallal en representación dos herdeiros de José López Ramallal, o 23.3.2012; María Remedios Comendeiro Ramallal, o 28.3.2012; Eliseo Neira Lombardero, o 13.4.2012; Horacio Fiallega Lorigados en representación de Cuarcitas Padornelo, S.L., o 13.4.2012, o 21.6.2012, o 18.8.2012, o 20.8.2012, o 22.8.2012 e o 16.10.2015; Manuel Iglesias Iravedra en representación da comunidade MVMC de Santo Estevo, Acrivro e Insua, o 20.4.2012; Mario Leitón Ramallal, o 15.6.2012.