Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2018 Páx. 21330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo da obra de adecuación e mellora do contorno da casa do concello no núcleo urbano de Baltar.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 33/2017 U.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=213784

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: adecuación e mellora do contorno da casa do concello no núcleo urbano de Baltar (Ourense).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45223250-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Valor estimado do contrato: 187.248,64 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 187.248,64 €; importe total: 226.570,85 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 16 de marzo de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 5 de abril de 2018.

c) Adxudicataria: Desmaco, S.L.U.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 136.710,23 €; importe total con IVE: 165.419,38 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2018

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio