Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 19 de abril de 2018 Páx. 21329

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 356/2017, interposto por Iván Cendón Vázquez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, polo que solicita o expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo P.O. 356/2017, interposto por Iván Cendón Vázquez e outros, contra a Resolución da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, do 27 de outubro de 2017, pola que se acorda estimar o recurso de alzada interposto por Martín Carbia Blanco, contra a Resolución do 3 de marzo de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala Contencioso-Administrativa, Sección Primeira, no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública