Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2018 Páx. 21238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de abril de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Bustelos, a favor dos veciños de Bustelos, na parroquia de Vilatuxe, do concello de Lalín (Pontevedra).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión celebrada o día 20 de decembro de 2017 acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Lalín.

Parroquia: Vilatuxe.

Nome do monte: Bustelos.

Cabida: 327,97 ha (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

– Norte: monte dos veciños de Gondoriz, Concello de Silleda, Concello de Forcarei, Luis Toubes, Jesús Presas Casado, Ángel Pichel Otero, María Iglesias Pichel, Francisco Álvarez, Fernando Blanco González, Luis Ramos Dobarro, José López González, Sara López González, Luis Liñares Medela, José Canda Rodríguez, herdeiros de José Canda e María Iglesias Cachafeiro.

– Sur: río Deza, Concello de Forcarei, Luis Toubes, Jesús Presas Casado, Ángel Pichel Otero, María Iglesias Pichel, Francisco Álvarez, Fernando Blanco González, Luis Ramos Dobarro, José López González, Sara López González, Luis Liñares Medela, José Canda Rodríguez e María Iglesias Cachafeiro.

– Leste: río Deza, monte dos veciños de Gondoriz, Concello de Silleda, Luis Toubes, Jesús Presas Casado, Ángel Pichel Otero, María Iglesias Pichel, Francisco Álvarez, Fernando Blanco González, Luis Ramos Dobarro, José López González, Sara López González, Luis Liñares Medela, José Canda Rodríguez, herdeiros de José Canda e María Iglesias Cachafeiro.

– Oeste: Concello de Silleda, Concello de Forcarei, Luis Toubes, Jesús Presas Casado, Ángel Pichel Otero, María Iglesias Pichel, Francisco Álvarez, Fernando Blanco González, Luis Ramos Dobarro, José López González, Sara López González, Luis Liñares Medela, José Canda Rodríguez, herdeiros de José Canda e María Iglesias Cachafeiro.

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 6 de abril de 2018

Amalia Elsa Pazos Pintos
Instrutora