Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 18 de abril de 2018 Páx. 20934

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 5 de abril de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan, para o ano 2018, as axudas para a participación no programa Aventúrate con Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas que residan no exterior (código de procedemento PR930B).

BDNS (Identif.): 394388.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencions (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Mozos e mozas que teñan a súa residencia habitual fóra de Galicia, nados en Galicia ou que sexan descendentes de persoas emigrantes galegas. As persoas participantes deberán ter, o 30 de xullo de 2018, unha idade comprendida entre os 14 e os 17 anos.

Segundo. Obxecto

Regular as axudas correspondentes ao programa Aventúrate con Galicia para o ano 2018, que ten por finalidade facilitarlle á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 5 de abril de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan, para o ano 2018, as axudas para a participación no programa Aventúrate con Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas que residan no exterior.

Cuarto. Importe

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de 10.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.226.07.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de corenta (40) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración