Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20819

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2018, do Consello Social, pola que se delega o cargo de vogal da mesa de contratación permanente desta universidade no secretario do Consello Social.

Na Resolución reitoral do 10 de abril de 2018 pola que se determina a composición da mesa de contratación permanente da Universidade de Vigo establécese que un dos vogais da mesa será o presidente do Consello Social ou persoa en quen delegue.

A devandita resolución reitoral modifíca o punto primeiro da Resolución do 5 de xullo de 2010 (modificada pola Resolución reitoral do 26 marzo de 2018, que queda sen efecto) pola que se facía pública a composición e funcionamento da mesa de contratación permanente da Universidade de Vigo.

Polo antedito e segundo o establecido no artigo 9 da Lei de 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, esta Presidencia do Consello Social

RESOLVE:

Delegar o cargo de vogal da mesa de contratación permanente da Universidade de Vigo no secretario do Consello Social.

Vigo, 10 de abril de 2018

Ernesto Pedrosa Silva
Presidente do Consello Social