Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20817

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se procede á publicación das axudas concedidas en virtude da Orde do 4 de xullo de 2017 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión de axudas económicas para a creación de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e parques empresariais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2017 e 2018.

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; e no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, procédese á publicación das axudas concedidas en virtude da Orde do 4 de xullo de 2017 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión de axudas económicas para a creación de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e parques empresariais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2017 e 2018 (Diario Oficial de Galicia número 135, do 17 de xullo de 2017) .

Finalidade da axuda: as axudas teñen por obxecto a posta en funcionamento de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os requisitos establecidos no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, así como a normativa de desenvolvemento, se for o caso.

Norma reguladora: Orde do 4 de xullo de 2017 pola que se regulan as bases que rexerán a concesión de axudas económicas para a creación de escolas infantís 0-3 en polígonos industriais e parques empresariais, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2017 e 2018.

Crédito orzamentario: 1.400.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 12.02.312B.781.0, distribuído en dúas anualidades, correspondendo 350.000 euros á anualidade de 2017 e 1.050.000 euros á anualidade de 2018.

As entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas a cada unha delas, expresado en euros, recóllense no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2018

María Amparo González Méndez
Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Número expediente

Entidade solicitante

Importe axuda

BS403D-1/2017

Asociación de Empresarios de Mos-AEMOS

200.000 €

BS403D-3/2017

Entidade Urbanística de Conservación do Polígono Industrial da Tomada

200.000 €