Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2018 Páx. 20889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de abril de 2018 pola que se notifica o acordo do Consello Executivo no expediente sancionador IU3/92/2011-SAR1.

O Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, na súa reunión do 26 de febreiro de 2018, adoptou o seguinte acordo: «Estimar parcialmente o recurso potestativo de reposición interposto por Germán Alonso Pérez, en representación de María Ángeles Vázquez Valcárcel, contra o acordo do 27 de novembro de 2015, do Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística»; en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación con tipoloxía residencial, sen vinculación a explotación agropecuaria, no lugar de Vilasante, Fontao, no termo municipal de Sarria, Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do acordo a Germán Alonso Pérez, en representación de María Ángeles Vázquez Valcárcel, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ao interesado o devandito acordo por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística