Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20691

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 20 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental para o proxecto de ampliación dunha explotación de ceba de porcos, sita no lugar de Guillar, no concello de Rodeiro (Pontevedra), promovido por Camilo González Canda (clave do expediente 2016/0157).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, punto 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 19 de marzo de 2018 relativa ao proxecto de ampliación dunha explotación de ceba de porcos, sita no lugar de Guillar, no concello de Rodeiro (Pontevedra) promovido por Camilo González Canda.

Esta declaración pódese consultar na seguinte ligazón http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático