Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2018 Páx. 20692

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 21 de marzo de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de ampliación e legalización dunha explotación de gando vacún de leite, sita no concello de Frades (A Coruña), promovido por Fonteboa SAT 986 XUGA (expediente 2017/0213).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 20 de marzo de 2018, relativo ao proxecto de ampliación e legalización dunha explotación de vacún leiteiro, sita no lugar da Uceira, no concello de Frades (A Coruña), promovido por Fonteboa SAT 986 XUGA.

Este informe pódese consultar na ligazón http://cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático