Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 13 de abril de 2018 Páx. 20366

IV. Oposicións e concursos

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2018 pola que se dá publicidade da convocatoria do proceso selectivo para contratar un titulado ou titulada superior en Química ou Bioloxía, mediante a modalidade contractual de realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica con cargo ao proxecto denominado Alertox-Net.

En uso das facultades conferidas no artigo 8.2 da Lei 3/2004, do 7 de xuño (DOG nº 116, do 17 de xuño), que crea o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) como un ente de dereito público con personalidade xurídica propia e patrimonio de seu e con plena capacidade e autonomía para o cumprimento dos seus fins, adscrito á Consellería do Mar,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria do proceso selectivo para a contratación temporal dun/dunha titulado/a superior (grupo I) coa titulación de grao ou equivalente en Química ou Bioloxía mediante a modalidade contractual de realización de proxectos específicos de investigación científica e técnica con cargo ao proxecto denominado Rede atlántica de sistemas de alerta de toxicidade innovadores en produtos mariños máis seguros, cuxo acrónimo é Alertox-Net.

As bases e condicións constan na páxina web de Intecmar http://www.intecmar.gal/transparencia/Convocatorias e no seu taboleiro de anuncios.

Vilaxoán, 9 de abril de 2018

Mª Covadonga Salgado Blanco
Directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia