Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 13 de abril de 2018 Páx. 20364

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas no concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatísticos.

Mediante a Resolución do 11 de decembro de 2017 (DOG nº 237, do 15 de decembro), a Dirección Xeral da Función Pública convocou un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos, e do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de estatísticos.

A base VIII da convocatoria, relativa á comisión de valoración, establece no seu ordinal primeiro que «a valoración dos méritos alegados polas persoas concursantes para a adxudicación dos postos de traballo vacantes será efectuada pola comisión de valoración que prevé o artigo 12 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, coa composición establecida nel».

A dita base VIII, no seu ordinal cuarto, dispón que «unha vez efectuada a proposta de valoración provisional dos méritos, esta farase pública no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda».

En consecuencia, á vista da proposta da comisión de valoración do 19 de marzo de 2018, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as puntuacións provisionais obtidas para cada un dos postos solicitados polas persoas concursantes admitidas. Esta información está á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe de <concurso de traslados>.

Segundo. As persoas interesadas poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

O dito escrito deberá especificar o punto ou puntos da base V sobre os cales se formula a reclamación, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.

O formulario de reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia e deberase presentar no Rexistro Xeral da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas xefaturas territoriais e/ou oficinas comarcais da dita consellería ou nos demais lugares previstos no artigo 16, relativo a rexistros, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública