Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 13 de abril de 2018 Páx. 20433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 16 de marzo de 2018 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea F.D. III.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea F.D. III e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 7 de marzo de 2018, María Dolores Vicente Vicente, en representación da comunidade de herdeiros de José Manuel Galbán Caamaño, solicitou autorización para transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea F.D. III.

Segundo. A solicitante presenta toda a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas.

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de María Dolores Vicente Vicente (35408997Z), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: F.D. III.

Localización:

Cuadrícula nº: 122.

Polígono: E

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde outorgamento: 26.4.1967.

Remate vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: José Manuel Galbán Caamaño (33150184P) 100 % privativa.

Nova titular: María Dolores Vicente Vicente (35408997Z) 100 % privativa.

A nova titular da concesión administrativa subrógase nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 16 de marzo de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña