Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 13 de abril de 2018 Páx. 20438

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 19 de marzo de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se sinala a data para o levantamento das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de reforma da intersección do punto quilométrico 21+900 da AC-840 (Curtis), coa clave AC/16.230.10, no concello de Curtis.

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, este servizo resolveu efectuar o pagamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación correspondentes a expedientes de expropiación forzosa instruídos para o termo municipal de Curtis, con motivo das obras do proxecto de reforma da intersección do p.q. 21+900 da AC-840 (Curtis), coa clave AC/16/230.10, no concello de Curtis, aos propietarios dos predios cuxa relación figura exposta no taboleiro de anuncios do concello referido.

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, convócase ao acto de formalización das actas de ocupación que terá lugar:

Concello: Curtis.

Lugar: oficina municipal do recinto feiral (rúa Emilia Pardo Bazán, s/n).

Data: 16 de maio de 2018.

Hora: das 10.00 ás 11.00 horas.

Este acordo faise público, para xeral coñecemento, advertíndolles aos titulares que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado e que non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, polo que deberán achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros e deberán identificarse co documento nacional de identidade.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase o anuncio no Boletín Oficial del Estado, o que lles servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e dos cales se ignore o lugar de notificación, ou ben se, tentada esta, non se pode efectuar.

A Coruña, 19 de marzo de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña